Recentemente engadimos ao noso blog unha nova sección: Proxecto Europeo FROG. Esta sección é froito da colaboración da EOI Ferrol e mailo EDL EOI Ferrol neste proxecto de ámbito europeo.
Atoparedes acceso a ela no menú lateral do blog, coma o resto de seccións. Inclúe información completa do contido do proxecto, acceso á súa páxina web, ligazóns a actividades multimedia, videos, fotos … Asemesmo, tamén deixamos unha ligazón á páxina web do proxecto na barra principal de menú.